
MU_
E A nova
normalidade
A nosa filosofía principal é o profundo respecto polas persoas e por todo o que nos rodea. Unha das nosas labouras é coidar do máximo nivel de benestar e seguridade de todas e todos os que nos visitades.
Mu é ideal para facer efectiva a nova normalidade: un lugar moi pouco concorrido no medio da natureza e o rural. Non dispoñemos de recepción nin de zonas pechadas común. Cada unha das tres cabanas, separadas entre sí por mais de 20 metros, conta con todo o necesario para ser autónoma e ,si se prefire, non ter que depender de nada externo.
Limpeza
Adicamos case 2 horas en deixar impecable cada cabana, empregando os produtos axeitados para conseguir a máxima eficacia.
A parte, despois de cada saída, empregamos un purificador de ozono dentro da cabana para unha total seguridade.
Contacto 0
Ofrecemos a posibilidade de non ter contacto cos nosos hospedes, enviando antes os datos para o check in e recollendo a chave da cabana no punto que vos indicariamos. Desta maneiras poderiades desfrutar da cabana e do espazo sen ter contacto con ninguén.
Cancelación
No caso de cancelación por limitacións á mobilidade derivadas da situación de emerxencia sanitaria, devolveremos o importe íntegro aboado pola reserva.