Novembro 2020
  • Lun
  • Mar
  • Mer
  • Xov
  • Ven
  • Sab
  • Dom
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • 23
  • 24
  • 25
  • 26
  • 27
  • 28
  • 29
  • 30
  • Libre
  • Ocupada

Comproba dispoñibilidade e reserva agora

Cada cabana ten capacidade para 2 persoas
(+1 nena/o ata 12 anos).

reservas@moradasnoulla.com

T: +34 652957783 | +34 652957782

Whatsapp

Tempada alta (20 de Xuño a 15 de Setembro, Semana Santa , Nadal e Pontes Festivas)
119€ por noite.

Durante o resto do ano:
98€ por noite.

Ofertas

Pregúntanos polos nosos descontos para reservas de mais de dúas noites ou días de entre semana en tempada baixa.

Reservas

Para confirmar a súa reserva, requirirémoslle un depósito, mediante transferencia bancaria, do 100% do monto do aluguer, para o cal lle remitiremos os datos necesarios para que poida levala a cabo.

Remitido o xustificante da transferencia bancaria procederemos ó envío dunha mensaxe de confirmación da reserva.

O prezo inclúe o uso da cabana designada, así coma das zonas comúns.

Hora de check in: a partir das 16:00 horas. Dado que o establecimento non dispón de recepción a hora de chegada debe anunciarse con antelación para organizar o check-in dos hóspedes e a entrega das chaves.

Hora de check out: a hora de saída é antes das 12:00 p.m. do día de saída pactado na reserva. Se a habitación non está desocupada nese momento, o cliente terá que aboar outra noite.

Política de cancelación

A aceptación da reserva da por válidas e asumidas as condicións xerais que a continuación se especifican. A anulación da reserva suporá a aplicación das porcentaxes de retención do anticipo realizado: O cliente terá que pagar o 50% do prezo total se cancela despois de facer a reserva e o prezo total da reserva se cancela durante os sete días antes da data de chegada.

Normas de rexime interno

Os aloxamentos están totalmente equipados para o aluguer completo e dispoñen dos siguintes servizos:

Lenceria de baño e dormitorio: O cambio de lencería de baño e de dormitorio realizarase de acorde ó establecido na normativa para este tipo de establecimentos (Lencería de baño; 2 veces por semana, lencería dormitorio; 1 vez por semana).

As cabanas contan con cociña totalmente equipada na que encontraran placa vitrocerámica, campana estractora de gases, frigorífico, forno microondas, cafeteira, torradora, exprimidor e menaxe acorde coa capacidade da cabana.

Salón-comedor con televisión.

O servicizo de limpeza nas cabanas realizará unha vez por semana e non inclúe os elementos de menaxe da cociña. A limpeza da cubertería, cristalería e louza corre a cargo dos usuarios. A cociña conta con deterxente e útiles para ilo.

O baño dispón de columna de hidromasaxe, así como de xel, champú e xabón, secador de pelo, papel hixiénico e xogo de toallas.

As cabanas contan con equipo de climatización.

No salón da cabana disponse de botiquín de primeiros auxilios e extintor. Rogamos localicen os mismos á súa chegada ó establecimento.

O cliente é responsable de facer a declaración correcta do número de persoas que ocuparán a cabana.

O cliente obrígase a coidar o apartamento amoblado, sendo do seu cargo os deterioros ou perdas que se produzan no mesmo. A menaxe está composta por unha sartén, non obstante recoméndase non facer abuso de frituras para non impregnar de cheiro a madeira do aloxamento.

Os clientes deberán deixar o alojamento en perfecto estado, tal e como lo atoparon. Se se produce algún desperfecto o cliente debe comunicarlo na maior brevidade.

Prohibicións

  • Non está permitido fumar no interior das instalacións.
  • Non está permitido queimar velas ou outros elementos no interior das instalacións .
  • Non se permite a organización de festas.

As tarifas especiais e demais ofertas que se publiquen nesta páxina web serán aplicables para as datas que en ditas ofertas se especifiquen.

Os prezos non sufrirán alteración no ano en curso e servirán de referencia os publicados nesta web. O IVE está incluido no importe da reserva.

O usuario polo feito de adquirir cualquera dos servizos ou productos expostos nesta web acepta as presentes normas xeraais. Para a interpretación, aplicación e cumprimento de obligacións que da aceptación das condiciones contidas neste documento se deriven, tanto ocliente como MU _ Moradas no Ulla sometense á xurisdicción e competencia dos tribunais de Caldas de Reis, Pontevedra (Galicia – España) con renuncia expresa de cualquera outro fuero.

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.